Publicado por: Fredi&Cía. | Febreiro 3, 2011

video interior

Advertisements
Publicado por: Fredi&Cía. | Xuño 3, 2010

video exterior

Publicado por: Fredi&Cía. | Xuño 3, 2010

Encontros

Dossier Encontros

Primeira presentación da peza "Encontros" en Santiago de Compostela, Agosto 2009

Encontros é un espectáculo no que se investiga na procura dun novo código escénico. Unha nova linguaxe no movemento, unha nova vía de comunicación. É neste sentido que o nome de Encontros funciona como título e como concepto para a nosa creación. Encontros refírese non só a un encontro entre dúas persoas. Encontros fai referencia ó encontro físico, ó encontro emocional, ó desencontro ou o encontro coma xuntanza entre contrarios, e tamén o encontro dunha linguaxe propia e diferente desta compañía no panorama teatral galego.

Encontros é un espectáculo multidisciplinar, onde o teatro físico, a danza e o novo circo se conxugan para crear un código propio de expresión, un punto de partida para comunicar, para contar ó público as inquedanzas que nos invaden. A comedia e o virtuosismo forman parte desta montaxe ecléctica onde dúas persoas se recoñecen despois dunha tempada sen verse, tómanse de novo as medidas, tócanse, úlense, séntense, e comezan de novo o seu camiñar, xuntos.

As habilidades físicas e interpretativas dos actores serán o lenzo no cal as emocións debuxan a historia, sinxela, onde as personaxes viaxarán pola sinuosa liña das relacións humanas; amosando tódalas cores que hai dentro de cada un de nós, expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema.

Categorías