1. Equipo

Lusco e fusco xurde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez: Circanelo, e Pablo Reboleiro: Trasno. Os dóus teñen formación circo, teatro físico e danza, e unha experiencia laboral moi similar, baseada en espectáculos de rúa unipersonais con contacto e comunicación directas co público e shows de teatro con personaxes que xorden da fisicaliade corpo. Os dous serán os creadores, xeradores de material e intérpretes do espectáculo, codirixindo con Pablo Sánchez a peza. No 2007 comezan a traballar xuntos en diferentes proxectos artísticos acadando moi bos resultados e teñen o seu primeiro contacto con Pablo Sánchez como director, colaborando na creación de varias pezas curtas entre as que destaca “Pizza xa” ou “Viaxes”.

 

Pablo Sánchez será o director deste espectáculo “Encontros”. A súa labor será a de encauzar o traballo creativo dos actores/artistas/bailaríns. Non será un traballo de dirección á antiga usanza, senón un traballo de coordinación e posta a punto. Un ollo externo no que os dous artistas confían plenamente, para que seña fiel as ideas e aos puntos de vista da compañía. Pablo ten unha grande experiencia coma director e profesor de teatro, como se ve no seu Curriculum. Pero aparte ten formación circense, estivo en Inglaterra e Estados Unidos estudiando módulos de circo. Deste xeito maneña os nosos códigos e coñece e entende as nosas inquedanzas artísticas. Con el traballaremos co material físico xa creado, xogando con ese material dándolle novas formas, buscando novos códigos.

 

David Loira é un bailarín e coreógrafo galego cunha sensibilidade que nos tocou dende sempre. Con él estamos xa a traballar na creación de secuencias de movemento dende pautas físicas realistas e con emocións. Con movementos moi simples e ás veces moi lentos, vemos coma as posibilidades do corpo nos trasmiten diferentes sensibilidades. O traballo que estamos acadando é moi interesante e volveremos a contar con el para facer os últimos retoques na recta final da produción.

 

 

Alexis Fernandez “Maca” é un bailarín mundialmente coñecido de orixe cubano e que temos a sorte de que elexira Galicia para vivir. Con el, que está formado en moitísimas técnicas de danza e acrobacia traballaremos a parte máis “impresionante” ou “impactante” da coreografía. Digamos os movementos que parecen máis imposibles, misturando o “contact” coa acrobacia. O “máis difícil todavía” deste show. Con esto pretendemos excitar a retina dos espectadores e que aínda que vexan novos códigos e novas dramaturxias sentan que viron un espectáculo de circo.

 

Fran Pérez “NARF” é un músico, compositor e cantautor galego. Foi unha grande alegría para nos que entrase neste proxecto, xa que tanto Pablo como Fredi somos ávidos consumidores da súa música. A parte de ter unha sensibilidade especial, que nos buscamos neste espectáculo, é un artista que traballa moito dende a fusión de moitas músicas, pero mantén algo propio, galego, que o fai único. Foi o paralelismo musical máis axeitado que atopamos para a compañía.

 

Alfonso Castro é o deseñador de luces co que os integrantes da compañía traballaban a nivel individual antes de xuntarse. Ten experiencia en iluminar novo circo (espectáculos de Pistacatro) e danza contemporánea (Pisando Ovos). Temos unha total confianza no seu criterio e coñece moi de perto e entende o noso traballo.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: